APACA, é unha asociación de protección dos animais creada no ano 2015, centrada sobre todo nos cans e cadelas abandonados e perdidos ao longo do Camiño de Santiago, ainda que tamén atendemos moitos gatos e algún que outro animal de forma exporádica. 

En APACA, Recollemos, Coidamos e Rehubicamos

O motivo principal da creación desta protectora é a situación de desamparo destos animais e a indiferencia e falta de asunción de responsabilidades por parte de quen ten a competencia legal neste tema, que son os Concellos. Así, ao longo das zonas rurais do Camiño de Santiago en Galicia non existen Refuxios para cobixar e atender a estos animais. En APACA contamos casas de acollida de socias e colaboradoras da protectora onde os cans e cadelas están ben atendidos ata lograr a súa adopción definitiva. 

Dende os inicios, á asociación nos chegan máis dunha centena de animais ao ano, (pero son moitísimos máis os que quedan nas ruas por non ter capacidade para atendelos nin existir ningún outro axente que o faga, ata a súa chegada a Compostela, se é que os animais conseguen chegar alí). Deles, o 80% aproximadamente conseguimos rehubicalos.

Entre as nosas actividades, destacan:

  • Recoller, atender e coidar aos cans abandonados, perdidos ou maltratados nesta zona do Camiño de Santiago.

  • Procurar persoas comprometidas e dispostas a proporcionar unha vida mellor a cada animal mediante a adopción ou a acollida.

  • Sensibilizar sobre a tenencia responsable de animais e realizar actividades de prevención do abandono.

  • Realizar accións de prevención e concienciación a usuarios e axentes sociais involucrados no Camiño de Santiago para combater a problemática do traslado de cans polos peregrinos.