Anímate a participar como Voluntaria/o de APACA 
 
Temos en marcha dúas medidas: 
   1- Voluntariado permanente todo o ano
   2- Campaña de verán
 

 1.VOLUNTARIADO PERMANENTE.

Aberto durante todo o ano.

Acéptanse voluntarios/as por períodos longos ou cortos, sempre que se cumpra o requisito dun compromiso mínimo de 5 días, establecido así para aproveitar a formación que se lle dará a cada voluntario/a á súa chegada.

Axudarían  nas labores cotiás da protectora. 

  • Coidados básicos dos animais: alimentación e hixiene.  
  • Limpeza das instalacións.
  • Paseos cos cans.
  • Atencións emocionais.
  • Recollida e traslados dos animais.
  • Promoción e difusión.

 

 2. CAMPAÑA DE VERÁN. 

8 voluntarios diarios máximos nos meses de xullo e agosto, coincidindo coa tempada alta de afluencia de peregrinos. 

Axudarían  nas labores cotiás da protectora e participarían na campaña de  peregrinos. 

  • Coidados básicos dos animais: alimentación e hixiene  
  • Limpeza das instalacións
  • Paseos cos cans
  • Recollida e traslados dos animais.
  • Atencións emocionais e adestramentos básicos.
  • Promoción e difusión
  • Participación na campaña do Camiño de Santiago: concienciación; contacto peregrinos; recollida cans, etc
  • Execución de actividades de rutas esportivas cos cans polo Camiño. 

 

Requisitos e obrigas das persoas voluntarias para as dúas medidas:

  •  Compromiso mínimo de 5 días. 
  •  Ser maior de idade. 
  •  Ter unha forma física aceptable para poder realizar determinadas tarefas (limpeza, coidado dos cans, caminatas, etc), excepto para os casos de actividades exclusivas de oficina ou virtuais, que se valorarán aparte.
  •  Ser amante dos animais ou mostrar claras actitudes de respecto e compromiso cara os mesmos.
  •  Disposición para realizar as tarefas e actividades programadas pola asociación.

 

Que lle ofrece a asociación? 

  •  Seguro de RC e voluntariado
  •  Información e formación para todo o relativo ás actividades a desenvolver. 
  •  Coñecementos e experiencias no sector.
  •  Realización de actividades deportivas e de coñecemento do territorio; senderismo.
  •  Trato cordial, familiar e, madia leva, non discriminatorio. 
  •  Convivencia coas socias que traballan diariamente na protectora.
  •  Convivencia coas outras persoas voluntarias.
  •  Realizar diferentes tarefas diarias, de xeito que a actividade sexa mais gratificante. 
  •  Compensación por gastos de transporte e manutención de acadar subvención para elo.
  •  Reembolso dos gastos que se lle ocasione con motivo da realización da actividade. 
  •  Acreditación do seu tempo como voluntaria/o na entidade.
  •  Respecto e recoñecemento pola súa labor e contribución. 
 
APACA é unha entidade de acción voluntaria inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Podes consultar o programa na páxina da Xunta: httpwwwvoluntariadogalegoorgwebasociaphpasc1085